O estudio do caso como metodoloxía activa no Mestrado en Eficiencia e Aproveitamento Enerxéticos
- Fernando DeLlano-Paz 1
- Anxo Calvo-Silvosa 1
- Guillermo Iglesias-Gómez 1
- Paulino Martínez Fernández 1
- Raúl Bajo Buenestado 2
- 1 Universidade da Coruña, Facultade de Economía e Empresa
- 2 Universidad de Navarra, Facultad de Ciencias Económicas y Empresariales
- Enrique de la Torre Fernández (ed. lit.)
Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-775-6
Any de publicació: 2020
Pàgines: 149-162
Congrés: Xornadas de Innovación Docente (4. 2020. A Coruña)
Tipus: Aportació congrés
Resum
Dentro do Mestrado en Eficiencia e Aproveitamento Enerxético da UDC que se desenvolve en Ferrol, impártese a materia de “Política Enerxética e Análise de Investimentos”. A detección por parte do profesorado da existencia de realidades académicas previas moi diversas entre o alumnado, permitiuconverter este elemento nun eixo dinamizador do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Para vehicular esta realidade óptase por empregar a metodoloxía activa do estudo do caso. Planifícase a materia para que cada sesión de aula teña un estudo do caso a partir do cal desenvolver os diferentes contidos da mesma. O caso é proposto por un/ha experto/a diferente das distintas empresas do sector, que teñen relación co Mestrado a partir das prácticas. O contexto de ensinanza-aprendizaxe gaña en motivación. O profesorado pasa a ser punto de información ao que acudir, deixando de ser o punto de atención principal. Como contrapartida para o profesorado os tempos de preparación da materia son elevados. Esforzo que se ve recompensado con creces ao ver os resultados: unha experiencia formativa moi enriquecedora con base na relación alumnado-alumnado, quen grazas á súa formación previa, ven potenciada a asimilación de conceptos e a adquisición das competencias propias da materia.