A construción das bases da presenza dunha figura comunicativa a partir do adestramento actoral

  1. Abad de Larriva, Ana
Supervised by:
  1. Aurora García González Director
  2. Inmaculada López Silva Co-director

Defence university: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 06 June 2021

Committee:
  1. Manuel Martín Algarra Chair
  2. Montserrat Doval Avendaño Secretary
  3. Teresa Piñeiro Otero Committee member

Type: Thesis

Abstract

O presente traballo analiza cales son os elementos que inciden na presenza humana e como se constrúe unha figura comunicativa. Tomando como referencia as artes escénicas e a preparación actoral, onde dende o século XX se produciu un gran traballo teórico e práctico nesta liña, recóllense áreas e ferramentas de traballo que van dirixidas ao deseño dun adestramento básico arredor da presenza e da mellora das habilidades expresivas e comunicativas da persoa, considerando tamén as necesidades específicas de diferentes perfís comunicativos profesionais. Na súa elaboración buscouse que sirva tamén para propoñer a futura creación dunha materia de adestramento corporal e vocal nos estudos superiores en Comunicación.